Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os callos protagonizan a cita gastronómica no Día de Defuntos en Chapela

RR_Noticias

Unha nova cita gastronómica que nace da man do Círculo cultural Recreativo de Chapela. Dende as doce do mediodía e aproveitando a festividade do 1 de novembro ofrecerán 400 racións de callos que se venderán xunto co prato conmemorativo a un prezo de 7 euros. Con esta actividade a asociación quere achegar novas propostas festivas aos seus socios e veciños.

O presidente do Círculo, Emilio Sánchez explica que esta nova festa gastronómica nace como un xeito máis de animar aos veciños a saír de casa e gozar dunha xornada de convivencia e bo comer. Unha actividade enmarcada dentro dun calendario máis ambicioso que prevé celebrar unha festa trimestral dedicada a un produto diferentes da nosa gastronomía. O obxectivo é fidelizar aos socios e atraer a novos veciños dentro da campaña que a nova directiva está a desenvolver dende que asumira a dirección da sociedade dous anos atrás e que xa obtivo os seus primeiros froitos co incremento nun 20% no número de asociados. O feito de arrancar no Día de defuntos con este “programa gastronómico” busca aproveitar que moitos saen da casa para vivir a tradicional visita ao cemiterio  e poden logo achegarse ata esa carpa instalada detrás do edificio do Círculo para  gozar dunha boa ración de callos, que se servirán a partir do mediodía. As actividades continuarán o sábado cunha festa de Haloween e un magosto popular a partir das 18:00 horas.Haberá música, animación e agasallos con entrada de balde.  

Emilio Sánchez presidente do Círculo
Unha actividade novidosa
Cita gastronómia en Defuntos
A xornada elixida non é casual
Incrementar o número de socios
Iniciativas que buscan animar nos veciños a se achegar á Sociedade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará