Actividades ao aire libre, festas amenizadas con música, magostos populares, rastrexos nocurnos, citas solidarias… practicamente en cada parroquia se organiza algunha convocatoria en torno ao samaín e na que se lle presta especial atención aos máis pequenos da casa.
As actividades máis inmediatas están previstas para esta mesma tarde. Así a Asociación Xoeira é a encargada da organización dunha xornada de actividades para nenos e nenas que se iniciará a partir das 17:30 horas na Alameda. Haberá xogos populares e obradoiros que xirarán en torno ao mundo celta co gallo de lles achegar aos rapaces a tradición do samaín e a musica e o baile correrá a cargo das pandereteiras e o grupo de baile de Froles Mareliñas. Tocarán tamén os gaiteiros de Aluarado. Festa a favor de Unicef Por outra banda o pavillón do Illa San Simón celebra un obradoiro do medo a favor de UNICEF. O prezo da entrada é de 3 euros que se doará a proxectos para a Infancia que a Axencia das nacións Unidas ten nos países onde traballa. Anímase aos rapaces a achegarse disfrazados hoxe xoves 31 ás 18:30 horas. Rastrexo nocturno en Saxamonde Mañá venres a cita é en Saxamonde. A Asociación Chan das Pipas organiza na noite do venres 1 unha xornada de rastrexo nocturno, que consiste nunha marcha polos montes e barrios da parroquia chea de sorpresas e que está aberta a grandes e pequenos. O prezo é de 1 euros para os socios, 2 para os non socios. A inscrición pode realizarase no teléfono 615 306 302 ou no correo electrónico chandaspipas@gmail.com A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda vivirá o samaín cun concurso de disfraces e cabazas para so nenos e concurso de sobremesas para os maiores. Haberá música, xogos e maquillaxe a partir das 17:00 horas.Magostos en Chapela e Rande O sábado día 2 a Asociación Deportiva e cultural de Rande celebra a festa do Samaín nas inmediacións do Museo Meirande a partir das 17:30 horas. As actividades arrancarán cun obradoiro de calacús e xogos populares para os máis cativos. Unha vez comezada a note haberá actuación musical a cargo de os beretes, magosto onde non faltarán ademais das castañas, os chourizos asados e o viño novo e a tarde noite de festa rematará coa tradicional queimada. Tamén o sábado o Círculo Cultural Recreativo de Chapela organiza unha festa de Halloween e un magosto popular a partir das seis da tarde baixo unha carpa instalada detrás da sede do círculo. Haberá música, animación e agasallos con entrada de balde. Rematamos este percorrido en Soutomaior. No concello veciño a OMIX organiza dúas xornadas de actividades, o venres en horario de mañá desenvolverán un curso de elaboración de chulas e biscoitos de cabaza que terá lugar no local baixo a Praza de Abastos entre as once da mañá e a unha do mediodía, orientado a rapaces de 5 a 16 anos de idade. Xa o sábado celebra a tradicional festa do samaín no Pavillón da Montesiña a partir das cinco da tarde con obradoiros de maquillaxe, xogos de animación para todos os públicos, un concurso de cabazas, degustación de chulas e unha casa do terror.