Os de Julio Mougán son terceiros da categoría logo de lograr unha importante e avultada vitoria nesta fin de semana. Xogaban na casa e brindábanlle á afección un bo partido no que amosaron a súa superioridade ante un San Martiño moito máis feble. O partido rematou co resultado de 6-1 para os locais, que o vindeiro sábado se desprazan ao campo do Mondariz.
Unha vitoria moi importante segundo palabras do adestrador sobre todo porque agora os redondeláns teñen dous partido consecutivos como visitantes. O encontro deixou claro dende o inicio a superioridade dos locais, que nos primeiros dez minutos de partido deixárono praticamente sentenciado cun claro 4-0. o San Martiño non foi quen de poñer en apuros aos de Redondela ao marcar tan só un tanto en toda a primeira parte.
O partido remataría cun contundente 6-1, resultado que propicia o ascenso do Redondela á cuarta praza da categoría. Na vindeira semana o Redondela visita o campo do Mondaríz.