A Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, recollendo unha iniciativa do Consello Municipal da Muller, convoca a veciñanza a participar os primeiros luns de cada mes nunha concentración na praza do concello co obxectivo de concienciar e amosar a repulsa da cidadanía cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as vítimas desta lacra social. A primeira concentración será hoxe ás 19:30 horas.
O acto, que se desenvolverá o primeiro luns de cada mes na praza do Concello ás 19.30 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura de textos que serán colleita de cada asociación participante no Consello da Muller. E como símbolo gardarase ademais un minuto de silencio e procederase a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello, que será colocada dende primeiras horas do día.
A primeira concentración será o luns 4 de novembro, coincidindo co primeiro luns do mes.