Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O desemprego experimenta un repunte na bisbara

RR_Noticias

O paro volveu subir en outubro en toda a comarca deixando 194 parados máis respecto ao mes anterior. En Redondela o desemprego increméntase en 131 persoas deixando a un total de 2.863 persoas anotadas nas listas do INEM. Un comportamento negativo que atopamos tamén nos concellos veciños de Soutomaior, Pazos e Fornelos.

En total, o décimo mes do ano pechou con 2.863 persoas en busca dun traballo. O noso concello segue a mesma traxectoria que o conxunto de Galicia, xa que o número de desempregados na comunidade aumentou en relación ao mes anterior (7.492 parados máis, un 2,87 %), e tamén creceu, se se compara con outubro do 2012 (413 desempregados máis, un 0,15 %).
Redondela experimenta así un novo incremento no número de desempregados ao inscribise 131 persoas nas listas do paro. Situación practicamente idéntica é a que atopamos no resto de concello da comarca. En Soutomaior o desemprego incrementouse en 24 persoas situándose o cómputo total en 883, en pazos de Borbén son 465 as persoas desempregadas, 25 máis que o mes anterior, mentres que en Fornelos de Montes anotáronse 14 persoas, sendo agora 232 as que se atopan buscando un emprego.
Un mes de outubro que deixa pouco espazo á esperanza logo de que en total foran 194 as persoas que se anotaron nas listas do paro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará