Un encontro que se celebra o venres 8 e sábado 9 no que se tratarán cuestións relacionadas coa enerxía, residuos, auga, mobilidade e recursos na actividade laboral. Expertos de Madrid, Euskadi e diversos puntos de Galicia acudirán ao foro a amosar a súa experiencia. Unha actividade organizada pola Cooperativa Trespés con inscrición gratuíta no 986110045.
Este foro de boas prácticas ambientais pretende axudar ás cooperativas, outras entidades de economía social e ao público en xeral a adoptar medidas a prol do medio ambiente e avanzar cara o desenvolvemento sostible. No encontro difundiranse entre as persoas asistentes unha serie de prácticas, consellos e recomendacións contrastadas e baseadas en criterios respectuosos co medio ambiente, coa finalidade de diminuír os impactos negativos que as persoas exercemos sobre a natureza e o noso entorno.
O foro estará estruturado en módulos nos que se abordarán temáticas relacionadas coa enerxía, a auga, o lixo, a mobilidade os recursos naturais e os sistemas de xestión ambiental.
As persoas interesadas poden ter máis información na páxina web: www.trespes.com ou no teléfono 986110045. A asistencia é gratuíta e o acceso será libre, aínda que as persoas interesadas poden inscribirse previamente no teléfono indicado.
Unha actividade organizada pola cooperativa Trespés e financiada pola Consellería de Medio ambiente a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional.