Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Altos dos Valos volve quedar sen rotonda

RR_Noticias

O parlamento rexeita a emenda presentada pola parlamentaria nacionalista Olaia Fernández Davila aos orzamentos do Estado do 2014 na que reclamaba 400.000 euros para a construcción dunha glorieta na intersección da estrada N-550 coa estrada provincial á altura de Os Valos en Redondela.

A petición dunha rotonda para solucionar a falta de seguridade no tramo da N-550 no Alto dos Valos é unha demanda veciñal e política que ven de antigo, pero polo de agora non vai ser resolta. O BNG pediu a inclusión dunha partida de 400.000 euros nos Orzamentos do estado para o vindeiro ano para a construcción desta glorieta “unha propostas moi necesaria pero que foi rexeitada polo PP”.
Os nacionalistas presentaran esta emenda por entender que o investimento previsto neses orzamentos pera Redondela eran “ridículos e cativos” e que deixan “en situación de abandono” a nosa comarca. Reclamaban financiamento para que o ministerio de Fomento elaborase un proxecto para a construcción dunha rotonda no Alto dos Valos por tratase “dun treito dun alto grado de risco, tanto para condutores como peóns, un punto negro que soporta diariamente o paso de máis de 15.000 vehículos”. Unha partida de 400.000 euros que non se fará efectiva logo de que a emenda fora rexeitada polo PP.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará