Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela apoian a construción da gardería no “polígono de autopistas”

RR_Noticias

Na parroquia aplauden a decisión do pleno municipal, que acordou facer as xestións para a compra destes terreos, de 35.000 metros cadrados. Os veciños entenden que se trata dunha zona “moi axeitada” para instalar servizos públicos, xa que é un terreo moi céntrico e de fácil acceso.

O pleno do Concello aprobou, cos votos en contra do PP, unha moción do PsdG na que solicitaban a compra deste parcela de 35.000 metros cadrados situada no barrio de Cidadelle. O obxectivo é construír nese lugar a futura gardería pública de Chapela, así como outros servizos para a parroquia. Unha decisión que gusta a veciños como María, ao entender que se atopa nun lugar “céntrico” da parroquia e “ben comunicado”, e daría resposta ás necesidades de Chapela, que non conta con ningunha gardería. Para a maioría dos veciños esta opción é moito mellor que as outras que se barallaron ata o de agora, e que contemplaban a instalación da gardería no barrio de Parada, nos baixos do colexio Alexandre Bóveda ou na antiga escola de Trasmañó. Roberto, que traballa de taxista na zona, entende que a de Cidadelle é “a mellor opción”, xa que es trata dunha zona onde existen outros servizos e o acceso é doado. En xeral, os veciños da zona comparten esta opinión, debido á gran demanda que hai na parroquia, con moitos nenos de 0-3 anos. Non é a única demanda dos veciños, que entenden que nesta parcela, de 35.000 metros cadrados, tamén se poderían instalar outros servizos moi demandados, como o Centro de Día, xa que agora as familias teñen que desprazar aos seus maiores a Redondela ou Vigo. Pero non todos son desta opinión. É o caso de Jose, hostaleiro da zona, quen malia que entende que a construción da gardería é algo moi positivo, pensa noutras alternativas “máis razoables e baratas”. A súa proposta pasa por reagrupar aos alumnos dos distintos colexios de Chapela e reformar algún dos centros para acoller a gardería, o que sería “menos custoso” que facer unha obra nova. Unha opinión que non comparte Carlos, que entende que todos os colexios da parroquia son necesarios, e que a única solución é construír unha nova instalación para albergar a gardería. Con todo, dubida de que exista un interese “real” por parte do Concello, xa que nin sequera son coñecedores da actual situación do terreo. Segundo este veciño, que é membro da Plataforma de Afectados pola Autoestrada, a parcela pertence ao Sareb, coñecido como “o banco malo” e non á inmobiliaria de Novagalicia Banco.  

María veciña de Chapela
Para esta veciña os terreos están nun lugar idóneo e a gardería é moi necesaria.
Roberto taxista
Defende que o barrio de Cidalle é moito máis axeitado que as outras alernativas en Parada ou Trasmañó.
Jose hostaleiro
Defende outras alternativas máis baratas como adaptar algún dos colexios que xa existen na parroquia.
Carlos veciño
Para Carlos a mellor alternativa son os terreos de Cidadelle xa que todos os centros de ensino da parroquia son necesarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará