Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Viaxe a ningunha parte de Sarabela teatro pecha o Outonoteatro

RR_Noticias

Unha obra narrativa contada por Fernando Fernán Gómez e adaptada ao teatro pola Compañía galega que narra a historia duns “cómicos da legua” que vivían na España de hai unhas décadas e que percorrían camiños poeirentos ateigados de pobreza, co obxectivo de levar un sorriso, un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e a fame. Poderase ver o sábado 9 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.

Un magnífico espectáculo que lle valou o premio María Casares á mellor adaptación teatral. Un texto que chamou a atención da compañía entre outras cuestións polos paralelismos coa situación de crise actual, segundo nos explicaba Fernando Dacosta, protagonista da obra no papel de Carlos Galbán. Un espectáculo ambicioso, cun amplo elenco de actores no que se dan cita o riso, o pranto, a tenrura, a dor, o amor e a morte, todos os sentimentos e emocións humanos que fan que a obra sexa difícil de encadrar nun único xénero. A Viaxe a ningunha parte de Sarabela é a proposta teatral para este sábado ás 20:00 horas no Multiusos e que serve para pechar o programa do Outonoteatro da Concellería de cultura. O prezo da entrada é de 4 euros para o público en xeral, dous euros a entrada reducida para xubilados e pensionistas.  

Fernando Dacosta actor
Fálanos do argumento da obra
Varios xéneros
Unha obra na que hai comedia drama tenrura…

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará