A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, lembra que Chapela carece de servizo de trens desde agosto do ano pasado cando a vía que conectaba coa antiga estación de Vigo quedou en desuso polos traballos da alta velocidade. Insta ao Ministerio de Fomento a manter a infraestrutura e as vías que conectan coa estación de Guixar en Vigo a fin de aproveitala para os servizos de proximidade.
Dende que se iniciaran os traballos do novo trazado do Eixo Atlántico de alta velocidade no acceso á cidade de Vigo, a parroquia de Chapela quedou sen servizo. Dende agosto do ano pasado os tren de media e longa distancia con destino a Vigo desvíanse polas vías de mercadorías que atravesan Chapela pola zona máis próxima á costa con destino á nova terminal de Guixar na zona portuaria de Vigo. Unha estación que se manterá de xeito provisional ata que entre en servizo a futura terminal do AVE.
A fin de que Chapela non quede sen servizo ferroviaria dende o BNG propoñen a Fomento que se manteña dita infraestrutura así como as vías que conectan con Vigo a fin de se poida aproveitar para a implantación de servizos de proximidade.