Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fotos pola igualdade

RR_Noticias

O grupo de acción costeira Ría de Vigo-A Guarda convoca un concurso de fotografía que ten como obxecto a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Haberá dez premios un por cada concello integrante do GAC-7 do que forman parte entre outros os municipios de Redondela e Soutomaior. Cada premio consistirá nun paquete turístico “Come o mar” valorado en 150 euros.
 

Co gallo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, os GAC-7 convocan un concurso fotográfico no que poderán participar todas as persoas maiores de 12 anos que estean empadroados nos concello de Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña, Cangas, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal ou A Guarda.
A temática das fotografías, que se deberán enviar antes do 25 deste mes ao enderezo electrónico concursogac7@gmail.com versará sobre calquera aspecto relacionado co mundo da igualdade de xénero, fomentando a sensibilización da cidadanía cara a eliminación de roles e estereotipos e a prevención da violencia contra as mulleres.
Concederanse 10 premios, un por cada concello integrante no GAC-7 e cada premio consistirá nun paquete turístico “Come o mar” valorado en 150 euros e ademais cada persoas gañadora recibirá un calendario do 2014 elaborado coas fotografías premiadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará