Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta investirá 100.000 € no CEIP de Cedeira coa ampliación do comedor e unha nova aula

RR_Noticias

O Colexio de Cedeira verá cumprida o próximo curso unha das súas vellas reivindicacións: ampliación e acondicionamento do seu comedor. O proxecto inclúe tamén a construción dunha aula de psicomotricidade, novos aseos nas aulas de infantil, un local para a ANPA e a mellora da accesibilidade no centro.

O secretario xeral da Consellería de Educación, Jesús Oitavén, visitou esta mañá o Concello de Redondela para dar conta do proxecto, acto que contou tamén coa presenza da delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o xefe provincial da consellería, César Pérez Ares. No encontro co alcalde, Javier Bas, concretaron o proxecto e determinaron as fases nas que se levará a cabo dita actuación. Está previsto que a obra se licite no primeiro trimestres de 2014, cun orzamento de 100.738 euros, que xa están contemplados nos orzamentos da Xunta de Galicia. O alcalde agradeceu a colaboración da Xunta para dar resposta “a unha vella demanda” do centro escolar e das familias, xa que con estes traballos o colexio cubrirá as necesidades de toda a comunidade escolar. A ampliación suporá unha superficie de 155,55 m2, que albergará o novo comedor e a aula de psicomotricidade. Deste xeito a actuación proporcionará un novo comedor con máis espazo para os alumnos, unha nova aula polivalente e de psicomotricidade, novos lugares de almacenaxe, un local para ANPA, aseos propios nas aulas de infantil e a mellora da accesibilidade no centro, con ramplas de acceso e creación dun novo aseo adaptado para uso de minusválidos. CEP Santa Mariña Outra das vellas demandas da comunidade escolar en Redondela é a dotación dun patio cuberto no CEP Santa Mariña. Desde a Consellería de Educación descartaron poder levar a cabo a obra “por non ser prioritaria”. O xefe provincial. César Pérez, explicou que debido á actual situación económica de crise, a Xunta está a destinar os seus recursos a cuestións “estritamente necesarias”, e que a dotación do patio cuberto no colexio redondelán “non o é”. Ademais o orzamento do proxecto para cubrir o patio, duns 120.000 euros, non é asumible co contexto económico actual.  

Jesús Oitavén secretario xeral de Educación
Oitavén explicou o proxecto de ampliación do CEP Cedeira.
Javier Bas alcalde
O rexedor local agradeceu a colaboración da Xunta para dar solución ás necesidades do centro.
César Perez xefe provincial de Eduación
A consellería descarta construir o patio cuberto do CEP Santa Mariña por non ser unha prioridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará