Celebrarase baixo unha carpa instalada na Alameda entre o 15 e o17 de novembro e como na tradicional celebración xermana haberá salchichas e cervexas variadas, entre elas algunhas de fabricación 100% galega como a santiaguesa Peregrina. Está organizada pola empresa de eventos Carpas Campañó a beneficio do Club Deportivo Choco.
A “Oktoberfest”, a tradicional celebración bávara chega a Redondela esta fin de semana con tres xornadas de gastronomía, cervexa e música da man da empresa de eventos Carpas Campañó que promete diversión nunha cita festiva que se desenvolverá baixo unha carpa instalada para tal fin na Alameda. Bautizada como a I Festa da Salchicha Alemá de Redondela os asistes poderán gustar un variado tipo de salchichas e cervexas entre as que se inclúen ademais das máis coñecidas marcas xermanas unha cervexa artesá e galega feita en Santiago e de nome “Peregrina”. Sobre a prancha poderanse ver salchichas de tamaños sorprendentes: unha de medio metro e e outra dun metro de lonxitude. Unha parte dos cartos recadados coa venda será destinada ao C.D.R.Choco e o domingo os xogadores do fútbol base estarán convidados a unha merenda. Para amenizar as xornadas haberá actuación musicais a cargo de Juan Campoamor e Button Kid. A carpa estará aberta o venres, sábado e domingo en horario de doce do mediodía ata a media noite.