Convocan por oitavo ano consecutivo o seu concurso fotográfico animando tamén aos máis novos a participar, xa que ademais do premio de adultos os menores de 14 anos optarán a un premio de 100 euros. O prazo de presentación remata o 24 de novembro. Unha actividade que ven completar a exposición fotográfica itinerante “Redondela e o mar” que está a percorrer as parroquias e que estes días se pode ver no Multiusos do Piñeiral en Chapela.
A mostra pasou xa por varias das parroquias do concello e a súa parada final será en xaneiro no centro da vila. Baixo o título “Redondela e o mar” a exposición recolle imaxes cedidas polos veciños nas que se abordan temas mariñeiros e, máis concretamente, en torno a aquelas actividades que no pasado se desenvolvían no mar Nesa labor de potenciar e dar a coñecer o noso entorno convocan tamén a VIII edición do concurso fotográfico Fernando Monroy. Para animar a un maior número de veciños a participar a temática das imaxes será libre. Os interesados en participar poderán presentar ata un máximo de 5 fotografías antes do domingo 24 de novembro. A mellor fotografía recibirá un premio dotado de 200 euros, establecéndose ademais dúas categorías dotadas con 100 euros cada unha, o premio de adultos e o premio xuvenil. As bases pódense consultar no enderezo electrónico http://www.estudoslocais.org/ A Asociación ten en marcha tamén outra actividade na que a memoria xoga un papel fundamental. Dende hai semanas e durante os vindeiros meses está na gravar aos maiores da parroquia e co material recollido queren facer un audiovisual como xeito de documentar usos, costumes, traballos e tradicións que co paso dos anos están a esmorecer para evitar así a desaparición da súa memoria.