Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rexeita pagar o novo canon de Sogama

RR_Noticias

No caso de que o Concello asuma o incremento que pretende aplicar Sogama, as arcas municipais deberían abonar un 34% máis a esta empresa pola recollida do lixo. Un encarecemento que segundo denuncian os socialistas suporíalle aos veciños pasar dun recibo de 55,91 € a pagar 74,64 máis IVE. Todos os grupos da oposición estiveron de acordo en rexeitar este incremento e acordaron solicitarlle á Xunta que asuma ese custe, unha demanda que non contou co apoio do PP.

Os votos a favor dos grupos da oposición permitiron sacar adiante unha moción dos socialistas para lle instar á Xunta de Galicia a que asuma o custo total do incremento do canon unitario que Sogama pretende aplicar ao Concello de Redondela como consecuencia das medidas adoptadas polo Goberno central e autonómico. O incremento dese canon que Sogama cobra aos concello foi acordado coa Xunta para compensar así a esta empresa os 13 millóns de euros que deixará de ingresar a causa do gravame imposto polo Goberno central á producción eléctrica (un 49% de Sogama está en mans de Gas Natural Fenosa, mentres que a Xunta é titular do 51%). Unha medida que está a contar cos oposición de todos os concellos que non están en man do PP, pero que tamén é rexeitada en Redondela logo de que así o acordase o pleno onde os populares están en minoría. A proposta chegaba dende a bancada socialista e contaba co apoio de AER e BNG. A nacionalista Cecilia Pérez argumenta o seu rexeitamento a este incremento por tratarse dunha suba “que non responde a un incremento do custe do servizo senón a unha mala xestión da empresa e a unha merma dos seus ingresos por unha decisión do goberno do Estado”. Rexeitan na oposición que a Xunta non asuma o problema e decida trasladalo aos concellos, o que se traduce en que os directamente prexudicados sexan os cidadáns. Uns argumentos defendidos pola oposición que os populares cualificaban de “demagóxicos”. O concelleiro Miguel Álvarez Ballesteros aseguraba que ao concello non lle queda outra que asumir ese canon porque “cando hai que pagar, hai que pagar”. Co novo canon unitario aplicado estímase un custo de 215.000 de euros para o Concello de Redondela e, de repercutir este custe nas facturas domésticas, produciríase unha significativa suba con respecto ao ano 2013.  

Eduardo Reguera PSOE
A moción foi presentada polos socialistas
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas apoiaron a proposta
Alfonso Blanco AER
A Agrupación de Electores amosou a súa disconformidade a novas subas nas taxas
MIguel Angel Alvarez PP
Os populares critican a moción por "demagóxica"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará