Tres persoas, dous homes e unha muller, resultaron feridas onte nun aparatoso accidente que tivo lugar pouco antes das nove da noite na estrada N-555 á altura de Santo Estebo de Negros. Dous vehículos, un Audi A-3 e un Renault Clio colidiron frontolateralmente por motivos que se descoñecen neste sinistro no que foi necesaria a intervención do Grumir para avacuar a unha das persoas feridas.
Todo apunta a que o Audi A-3 teríase saído nunha curva para acabar colidindo co Renaul Clio, no que viaxaban dúas persoas. Foi unha muller, que viaxaba de copiloto neste último vehículo a que nun principio presentaría as feridas de maior gravidade xa que segundo apuntan dende o servizo do Grumir queixábase dunha forte dor nas costas. O accidente producíase minutos antes das nove da noite e tanto o condutor do Audi como os dous ocupantes do Clio foron trasladados a centros médicos de Vigo.