Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aluvión de comparecencias para explicar o proxecto de urbanización de Canabal

RR_Noticias

A Agrupación de Electores entende que as implicacións que este proxecto tería en diferente ámbitos fan necesarias as explicacións dos concelleiros de Urbanismo, Medio ambiente, Economía e do propio alcalde, neste caso para que explique os motivos que o levaron a convocar un pleno extraordinario para debater esta proposta de modificación urbanística que logo foi retirada da orde do día. Por este motivo solicita as súas comparecencias no pleno que se celebra este xoves ás 20:00 horas no Concello.

Entenden que é deber do alcalde dar explicacións “de xeito público e claro” de por que levou esta modificación de xeito urxente a un pleno e por que despois decidiu retirar a proposta. Reclaman que a concelleira de Economía e Facenda, Ana María Alonso explique o motivo que leva ao goberno local a facilitar a construcción dunha grande área comercial no casco urbano e si existen plans para a promoción e dinamización do pequeno comercio e hostalería local e para evitar a destrución de postos de traballo en Redondela
Engaden que esta modificación urbanística en parte xustificábase na necesidade de novo solo edificable de carácter residencial, a necesidade dunha nova dotación para emerxencias e mesmo pola construción dunha estación de autobuses motivo polo que demandan tamén a comparecencia do concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas, Patrimonio e Interior, Arturo González para que dea as explicacións oportunas acerca dos plans do Concello para construír unha nova edificación para emerxencias e sobre os motivos que xustificarían a construción dunha estación de autobuses no casco urbano.
Finalmente solicitan dende AER que o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez Ballesteros explique a situación do sistema de saneamento, xa que dita modificación urbanística tería consecuencias directas sobre a rede municipal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará