A Sociedade Cultural do Viso e o grupo Tanto nos Ten organizan esta fin de semana a cuarta edición do seu magosto Furtivo, unha cita festiva que terá lugar o sábado a partir das 17:00 horas no torreiro da festa da Teixeira. Instalarase unha carpa na que ademais do tradicional magosto haberá actividades para cativos, música e non faltará a diversión dos monicreques de Tanxarina.
Durante toda a tarde os asistentes poderán participar dos diferentes xogos tradicionais e os mais pequenos contarán con obradoiros impartidos pola Asociación Xoeira. A agrupación Tanxarina porá en escena a obra Titiricircus e a música correrá a cargo dos grupos A Banda das amasadas (Cacheiras), Vai de Roda (Rianxo) e Folieiros de Lavadores (Lavadores).
A festa continuará cunha foliada na que están convidades a participar todos os grupos que se acheguen. Ademais das castañas propias da época os asistentes poderán degustar a tradicional queimada.