Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous redondeláns na elite do balonmán estatal

RR_Noticias

Son Roberto “Bicho”, procedente do Solla&Cía Chapela e que xoga no Villa de Aranda, e Eloy Krook, formado na SAR e que milita no Frigoríficos do Morrazo. Os dous xogadores enfrontáronse por primeira vez nun encontro de Asobal na localidade burgalesa, onde o conxunto galego se fixo coa vitoria. Pero máis aló do resultado, o partido deixa patente a calidade da canteira do balonmán redondelán, representada nestes dous xogadores.

A 11ª xornada da liga Asobal enfrontou a pasada fin de semana en Aranda de Duero ao equipo local e ao Frigoríficos do Morrazo, e sobre a pista puido verse unha fermosa imaxe: a de dous redondeláns disputando un partido na máxima categoría do balonmán estatal. Todo un “orgullo” tanto para a SAR, onde se formou Eloy, como para o Chapela, onde militou “Bicho” desde as categorías inferiores. Un partido que, malia a competitividade entre os dous rivais, deixou tamén á vista a boa relación dos dous xogadores, que xa coincidiran no balonmán redondelán en anteriores temporadas. En canto ao resultado, o equipo de Cangas deulle a volta ao marcador, que comezou dominando o conxunto burgalés, e fíxose coa vitoria cun marcador final de 25-29. O resultado deixa aos dous equipos nunha situación ben diferente. Mentres o Villa de Aranda, de “Bicho” se complica a existencia na parte baixa da clasificación, o Frigoríficos de Eloy mantén a 6ª praza e consolídase con un dos equipos máis fortes da liga. Onte reafirmou a súa calidade cun empate 29-29 co Ademar León, no que o redondelán anotou un gol.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará