Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden a dimisión do presidente da Asociación de empresarios por “conflicto de intereses”

RR_Noticias

Un grupo de comerciantes que forman parte da directiva da Asociación de Empresarios de Redondela solicitan que o presidente da entidade, José Antonio Gómez,  abandone o cargo por entender que hai conflito de intereses. Aseguran os comerciantes que Gómez é parte interesada na construcción dun centro comercial na zona de Vilavella, un proxecto que “rexeitan a maior parte dos comerciantes porque suporía o afundimento do sector”. O xoves 12 de decembro celebran unha asemblea no Multiusos para informar do proxecto.

A posible creación dun centro comercial nas inmediacións de Vilavella, enmarcado dentro do proxecto de desenvolvemento urbanístico de Canabal, está a xerar moita polémica no ámbito político pero tamén social. Un grupo de comerciantes, algúns dos cales forma parte da Directiva da Asociación de Empresarios veñen de solicitar a dimisión do presidente do colectivo, José Antonio Gómez, por entender que non pode defender axeitadamente aos propietarios do comercio local cando é parte interesada en que se faga o centro comercial. Aseguran os afectados que “a maior parte dos comerciantes están en contra de que se faga este centro comercial” porque suporía “o afundimento do sector en Redondela” e engaden que o apoio que este proxecto podía ter no ano 2001 “xa non existe a día de hoxe porque a situación económica é completamente diferente”. Por este motivo, anuncian que levarán a cabo diferentes iniciativas de cara a paralizar o proxecto. O primeiro é informar aos veciños, motivo polo que o xoves 12 de decembro ás 21:00 horas teñen previsto realizar unha asemblea aberta no Multiusos da Xunqueira.  

Beatriz Blanco comerciante
Entende que o presidente debería dimitir por ser parte interesada no proxecto do centro comercial
Un proxecto prexudicial
Así o entenden dende o comercio local
Asemblea aberta
Entenden que é necesario informar sobre o proxecto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará