Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido en Redondela “Canceliñas”

RR_Noticias

Axentes da Policía Nacional trasladábano pasadas as 14:30 horas á comisaría de Vigo nun vehículo cos cristais tintados. Saturnino Marcos Cerezo “Canceliñas” era detido ao redor das dúas da tarde na estada Nacional 550, en Redondela. O buscado delincuente era identificado por una policía de paisano nas inmediacións do concesionario de Peugeot na zona de o Coto en Cesantes.

Logo de 21 días en busca e captura tras secuestrar a un medico portugués xunto con outro delincuente, Alvaro Barbosa, detido días atrás, no medio día de hoxe caía en mans da Policía nacional o Canceliñas, quen estaría implicado tamén no roubo de varios vehículos e dous atracos a gaolineiras de O Baixo Miño.
Eran as dúas da tarde cando un axente fora de servizo detectaba a presenza do Canceliñas camiñando pola estrada nacional 550 en Cesantes dirección Arcade. O policía recoñecía inmediatamente a Saturnino Marcos Cerezo polo que solicitou reforzos, personádose no lugar varios axentes da Policía Nacional que detiveron ao sospeitoso, sendo identificados e trasladado nun primeiro momento á Comisaría de Redondela, de onde sairía ás 14:40 cara Vigo.
As visitas do Canceliñas a Redondela foron constantes dende que secuestrara ao médico luso o pasado 7 de novembro. De feito, horas despois do secuestro sábese que ambos os dous delincuentes xunto co médico secuestrado pasaron polo noso municipio para retirar cartos dun caixeiro automático.
Tamén días despois o vehículo de alta gama do médico era localizado na zona de A Canteira. Un Mercedes que durante varios días permaneceu estacionado e vixilado á espera de que o Canceliñas e o seu socio volveran a recuperalo e poder así proceder a súa detención, algo que non chegou a acontecer.
Habería que esperar ata a xornada de hoxe cando finalmente si se procedeu a súa detención pasadas ás dúas da tarde na N-550.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará