A actuación terá un custe de 200.000 euros e estará financiado na súa totalidade por Augas de Galicia. Nun primeiro momento contemplábase o uso do bambú para esta actuación, planta que finalmente foi substituída por loureiro, atendendo á vexetación máis propia do lugar.
A depuradora de Redondela situada na Marisma reducirá o seu impacto visual e minimizará os malos cheiros logo de que se realicen unha serie de melloras consistentes en instalar unha pantalla vexetal de loureiro ao redor da planta co fin de ocultar as instalacións. Outra parte do proxecto consistirá na instalación de sistemas de desodorización para reducir as molestia que causan os malos cheiros da depuradora, tal e como explicaba onte no pleno municipal o edil de medio ambiente Miguel Angel Alvarez Ballesteros. A actuación estará financiada por Augas de Galicia na súa totalidade e contou co apoio de PSOE e BNB. Os nacionalistas aplaudían a decisión de corrixir a proposta inicial que prevía a instalación dunha pantalla de bambú, que finalmente será con loureiro “unha planta máis acaída ao lugar” en palabras de Xoán Carlos González. Pola súa banda, AER optou pola abstención por entender que esta actuación non ven solucionar os problemas máis graves da depuradora como son os vertidos e os malos cheiros.