Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía pincha en Chapela e a SAR arranca un punto na súa visita a Lalín

RR_Noticias

O Chapela cae á décimo cuarta posición na División de Honra Prata logo da derrota desta fin de semana ante o Amenabar nun encontro que rematou co resultado de 23-35. A próxima cita será no campo do Antequera, novenos na clasificación xeral. Mellor sorte correu a SAR que logrou un importante empate en Lalín.

O Solla & Cía nada puido facer nun partido disputado no pavillón de Chapela e no que o conxunto vasco foi superior ante un equipo que arrastraba un importante cúmulo de baixas. Unha situación que obrigou ao adestrador Fran Teixeira a botar man dos xogadores do xuvenil, Leo e Xurxo no que foi o seu debut en División de Honor Prata.
Ata o descanso do encontro as forzas estiveron á par, chegándose ao final da primeira parte cun empate no marcador que os xogadores do Amenabar se encargaron de rachar nada máis iniciarse o segundo tempo. A superioridade dos visitante foi evidente chegándose ao remate do encontro co resultado de 23-35 a favor dos vascos. Na vindeira xornada os de Chapela espera poder resarcirse deste ml resultado nun partido que se vai disputar no campo do Antequera.
En primeira nacional reparto de puntos en Lalín, onde os homes do Plastic Omnium fixeron un moi bo partido malia as baixas no equipo e lograron así traer un punto para casa logo do empate a 32 goles.
Un resultado que deixa á Sar no noveno posto da clasificación, posición que tentarán defender na vindeira cita ante o Artabro. Un partido que se vai disputar na bomboneira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará