Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Antonio Gómez: “Seguiremos adiante co proxecto urbanístico para Canabal”

RR_Noticias

Presidente da Asociación de empresarios forma parte tamén da Unión Comercial de Redondela, entidade promotora do proxecto de urbanización de Canabal que a semana pasada sufría un duro revés logo de ser rexeitada polo pleno a recalificación da parcela de 36.320 metros cadrados que permitía o seu desenvolvemento urbanístico. Gómez confía en que o proxecto siga adiante e entende que a oposición xerada entre os comerciantes “débese a que están mal informados”. Por este motivo convocan unha asemblea o vindeiro 12 de decembro no Multiusos.

José Antonio Gómez asegura estar a defender os intereses de todos os membros da asociación de empresarios e descarta dimitir do cargo, tal e como llelo demandaron algunhas voces que entenden que existe un conflicto de intereses entre o cargo que Gómez ostenta como presidente da Asociación e a súa implicación directa como promotor do centro comercial de Vilavella. De feito, Gómez forma parte da Unión Comercial de Redondela, entidade promotora do proxecto de urbanización de Canabal. En total, sete empresarios que investiron neses terreos tres millóns de euros que, logo da decisión do pleno do pasado xoves de rexeitar por unanimidade a recalificación dos terreos, quedan nunha difícil situación económica. Así o recoñece Gómez, quen asegura sentirse “defraudado” logo do acordado nesa sesión plenaria. Insiste en que o proxecto é “interesante para Redondela, tanto para os propios comerciantes como para os posibles usuarios” e lembra que de non ser eles quen poñan en marcha ese proxecto “podería vir unha gran entidade a retomar a iniciativa co cal o comercio local perdería totalmente o control”. Amosa a súa sorpresa porque partidos políticos que “no seu día aprobaron o proxecto agora voten en contra” en referencia fundamentalmente a PSOE e BNG. Sobre o posicionamento do PP, que malia defender o proxecto apoiou a moción do PSOE para rexeitar a urbanización da parcela, entende que responde a que “non queren crear enfrontamentos inútiles porque sabían que tendo minoría non ían poder sacar adiante a proposta” pero tamén engade que confían no apoio do goberno local que “leva dous anos axilizando os trámites para dar luz verde ao proxecto e non cremos que estean xogando a dúas barallas”. O futuro do Centro Comercial así como do resto de infraestruturas previstas -estación de autobuses, vivendas e hotel- parece que pasa polo reunión aberta que vai ter lugar o día 12 no multiusos da Xunqueira aínda que Gómez insiste en que “é indispensable un compromiso do goberno”.  

José Antonio Gómez Unión Comercial de Redondela
Confían en poder sacar adiante o proxecto de urbanización de Canbal
Sorpresa pola decisión do pleno
Non entende que algúns grupos votaran en contra do proxecto
Xestións do PP
Esperan contar co apoio do PP porque axilizaron as xestións dende a súa chegada ao goberno
Comerciantes mal informados
Na reunión do día 12 esperan que se aclaren todas as cuestións sobre o proxecto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará