Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O filial do Choco consolídase na metade alta da clasificación logo de gañar ao Atlántida Matamá

RR_Noticias

O Choco B está a facerse un oco na Segunda Autonómica. Onte impuxéronse por 1-2 no campo do At.Matamá, e xa son 7º do seu grupo. Tamén o Arcade gañou na mesma categoría diante do Vilanova (3-1) e o Soutomaior empatou co Noalla (1-1).

Segunda Autonómica
At.Matamá 1-2 Choco B
O filial do Choco ascende 3 postos, ata a 7ª praza, logo de gañar no campo do Matamá.
Na próxima xornada o Choco recibe ao Vilariño, un dos equipos fortes do grupo, que é 4º.
Soutomaior 1-1 Noalla
Os de Soutomaior baixan unha posición e son 13º logo do empate co Noalla. A próxima xornada xogan no campo do Mosteiro, equipo situado tres postos por riba do Soutomaior.
Arcade 3-1 Vilanova
Situación algo máis cómoda para o Arcade, que logo de impoñerse ao Vilanova escala ata o posto 12º. A próxima xornada volven xogar na casa, reciben ao Vilagarcía.
Terceira Autonómica

Cerponzóns 2-1 Cesantes
O Cesantes segue na parte baixa da clasificación logo da derrota no campo do Cerponzóns. Na próxima xornada poderían ter ocasións de recuperarse, xa que reciben ao pechacancelas do grupo, o Salcedo.
Chapela 2-1 Vincios
O Chapela está a consolidarse como un dos equipos máis fortes do grupo, xa son 2º na táboa, empatados co Alcabre, novo líder, logo de que ambos pasaran por riba do Miño. A próxima fin de semana dispútase un interesante encontro que podería consolidar os postos de cabeza, xa que xogan no campo do Miño, actualmente 3º, cun punto menos que os redondeláns.
Alcabre 5-1 At.Vilar
O Vilar segue no ecuador da clasificación malia encaixar unha avultada derrota no campo do Alcabre, actual líder do grupo. Na próxima fin de semana reciben ao Montecastelo, equipo da metade baixa da táboa.
Nespereira 2-1 Barciademera
Os de Pazos manteñen a 4ª praza do grupo logo de impoñerse ao Barciademera. A próxima fin de semana xogan no campo do Juvenil, que é 3º do seu grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará