Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Anpas saen á rúa para protestar polos atrasos do autobús escolar

RR_Noticias

As Anpas dos colexios de Quintela e Outeiro das Penas de Cesantes protagonizarán este xoves ás 10:00 horas unha manifestación para esixir que se solucionen os continuos atrasos do transporte escolar que, segundo denuncian, véñense repetindo diariamente dende o inicio deste curso. A mobilización convocada pola Anpa de Cesantes contará tamén coa presenta e apoio da comunidade educativa de Quintela.

Os atrasos supoñen que os nenos cheguen ao colexio entre 15 e 20 minutos tarde o que provoca problemas no desenvolvemento habitual das clases. Un atraso que se repite á saída do centro, con nenos que tardan ata unha hora en chegar ao seu domicilio. Unha situación que levou a moitos pais, segundo explicaba dende a Anpa de Quintela  Elena Veiga, a recoller aos rapaces directamente en vehículo privado. Malia as queixas ante a Xefatura Territorial de Educación o problema segue sen solucionarse. Pais e nais descoñecen cal é a orixe do conflito pero entenden que “está nas mans da Consellería solucionalo, esixindo á empresa a que cumpra os horarios ou rescindíndolle o contrato no caso de que non o fagan. Hai outras empresas de transporte escolar que funcionan nos mesmos centros educativos que si respetan eses horarios”. Ademais da recollida de sinaturas e a documentación por escrito do atraso que cada día padecen os escolares, as Anpas convocan unha mobilización este xoves. Está previsto que a protesta saía dende o colexio ás 10:00 da mañá cara o centro de saúde, para rematar no colexio novamente ás 11:30.  

Elena Veiga Anpa de Quintela
Explica as repercusións destas atrasos para o normal desenvolvemento das clases
Atrasos á chegada e á saída
Moitos pais optaron por ir buscar aos rapaces ao cole
Adoptar medidas
Esixen que a Consellería obrigue á empresa a cumprir os horarios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará