Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco mídese hoxe ao Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales

RR_Noticias

Case medio século despois os afeccionados volverán vivir un derbi comarcal entre o Choco e o Rápido de Bouzas. A situación na táboa dos dous equipos é ben diferente, mentres os redondeláns ocupan unha espléndida 6ª posición, os vigueses están afundidos na metade baixa da táboa, no posto 15ª. A cita é ás 20.30 horas no Municipal de Bouzas.

Rápido de Bouzas e Choco vólvense a ver as caras en competición oficial de Terceira División por primeira vez en 48 anos. Unha longa espera que finalizará esta tarde no Baltasar Pujales ás 20.30 horas. Rápido e Choco só coincidiron en Terceira División na tempada 65/66. O partido de Bouzas chegou na quinta xornada daquela campaña, en outubro de 1965, e nel impuxéronse os locais por 1-0. Pero a situación actual dos dous equipos é ben diferente, aínda que os dous chegan ao despois de gañar os últimos encontros disputados. O Rápido derrotou ao Dorneda e o Choco ao Alondras. A nivel clasificación os números xogan a favor do Choco,que é sexto con vinte e nove puntos. Os de Jacobo Montes están a realizar unha brillante campaña e continúan pelexando por conquistar unha do primeiras catro prazas que dan acceso ao play off de ascenso a Segunda División B. Mentres o Rápido está en décimo quinta posición, con dezasete puntos, aínda que coa moral alta tras romper o maleficio coa vitoria ante o Dorneda. Que o partido coincida entre semana é un dos hándicaps que sofre a afección redondelá para achegarse ao Municipal de Bouzas, aínda que de seguro serán moitos os que se acheguen ao Baltasar Pujales. A xornada de liga da Terceira División aprazouse á xornada de hoxe porque a pasada fin de semana competía a Selección Galega de Aficionados.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará