Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Banda de Chapela celebra a súa maioría de idade co disco “18 anos en clave musical”

RR_Noticias

A presentación do CD terá lugar o sábado 14 ás 20:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego. Neste traballo, gravado integramente en directo recóllense pezas variadas, entre ás que se encontran obras clásicas coas que a formación obtivo premios en distintos certames. O disco será distribuído para toda España pola produtora MetaNetwork de Barcelona.

Corenta músicos de idade comprendidas entre os 7 e os 35 anos forman parte desta agrupación musical pola que pasaron numerosos veciños da parroquia nos seus 18 anos de historia que agora celebran coa presentación do disco “18 anos en clave musical”. Este C.D será distribuído a toda España pola produtora MetaNetwork de Barcelona, feito que a Banda de Música de Chapela considera “motivo de orgullo tanto para a formación, como para todos os veciños, xa que o nome de Chapela e Redondela percorrerá España co a música interpretada pola Banda de Música”. O acto do sábado no Multiusos do Piñeiral no que a Banda de Música de Chapela ofrecerá un concerto quere ser tamén un xeito de render homenaxe a todos os músicos, directivos, directores profesores e persoas anónimas que durante estes 18 anos formaron parte da agrupación.  

Fernando Casas Banda de música
Un disco que serve para recoñecer o labor de todos os que colaboraron coa formación
Repertorio variado
Os asistentes á presentación do disco poderán tamén seguir o concerto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará