Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un millón de euros para mellorar un tramo de estrada entre Os Valos e Guizán en Redondela

RR_Noticias

A actuación, consistente en anchear a calzada, construir beirarrúas e dotar de servizos á estrada do Galleiro, afectará a un treito de quilómetro e medio de lonxitude e de características urbanas, dado o número de vivendas en ambas marxes. O obxectivo da obra é mellorar a seguridade na zona.

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá a sinatura dun convenio co Concello de Redondela para o ensanche da estrada provincial Os Valos-Guizán, que conta cun orzamento total de 1.035.654,17 euros. Trátase dunha actuación que afectará a un treito de un quilómetro e medio, nunha zona practicamente urbana.
O obxectivo das obras e mellorar a seguridade viaria na zona, dado que na actualidade carece de beirarrúas e a estrada é demasiado estreita nalgunhas zonas, polo que supón un perigo para os peóns que camiñan pola beiravía.
Os traballos incluirán o ancheamento da calzada, a construción de beirarrúas e a dotación de servizos de recollida de augas pluviais, canalización do saneamento e do abastecemento de auga, así como doutros servizos como os de telecomunicacións ou subministro eléctrico.
Segundo se recolle no acordo, a Deputación de Pontevedra destinará 835.654,17 euros a estes traballos, mentres que e o concello de Redondela achegará os 200.000 euros restantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará