Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita a Fomento que realice melloras nos piares da Ponte de Rande

RR_Noticias

Olaia Fernández Davila presenta unha proposición no congreso para que Ministerio faga un estudo sobre o estado da estrutura que sofre corrosión e deterioro nos piares. Solicita que se emprendan obras de mellora e mantemento. Os nacionalistas aluden a inspección submariña encargada pola Asociación de Afectados pola AP-9 de Chapela e que deu lugar a un vídeo documental “Duques de Alba” presentado a pasada semana.

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha pregunta por escrito e unha proposición non de lei na que insta ao Ministerio de Fomento a emprender obras de mellora e mantemento da estrutura da Ponte de Rande “dado o deterioro que se observa nos piares da ponte”.
Davila alude á inspección submariña encargada polos veciños da zona preocupados porque hai tempo que se detectaron algunhas fisuras e elementos de corrosión polo paso do tempo e o feito de que os piares estean na auga. “Trátase unha infraestrutura de grandes dimensións situada en plena Ría de Vigo e cuxo estado preocupa aos habitantes do lugar pola posibilidades futura de que se puidesen producir accidentes. De aí a necesidade de adoptar medidas preventivas”, sinala Davila.
A deputada do BNG menciona o estudo que fixeron os veciños e veciñas. “Nas inmersións realizadas localizáronse fisuras de corrosión nas piares e varias pranchas de aceiro na base das zapatas que poderían proceder de posíbeis desprendementos”.  Este informe e as súas conclusións foron trasladados ao Ministerio de Fomento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará