Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de piano de Alejo Amoedo na inauguración da exposición de Reveriano Soutullo

RR_Noticias

O pianista redondelán Alejo Amoedo ofrece este xoves ás 20:00h un concerto de piano no Multiúsos da Xunqueira dentro dos actos de inauguración da exposición “Reveriano Soutullo: unha vida para a música” que organiza a Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

O obxectivo desta exposición é divulgar a obra do músico e compositor Reveriano Soutullo (Ponteareas, 11 de xullo de 1880 – Madrid, 28 de outubro de 1932), fillo da redondelá Carolina Otero e de Manuel Soutullo, quen fora director da banda de música de Redondela a finais do século XIX.
O acto estará complementado cun concerto a cargo do pianista redondelán Alejo Amoedo, que colabora coa Fundación Reveriano Soutullo no rescate, interpretación e divulgación da obra de Soutullo, e que é un dos pianistas galegos acompañantes de máis recoñecemento, alén de repertorista do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Interpretará un repertorio do autor homenaxeado con arranxos propios para piano, e incluirá a estrea da súa propia adaptación para piano do pasodobre Redondela.
A exposición estará aberta do 19 de decembro ao 19 de xaneiro, no horario habitual de apertura do Multiusos da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará