O Multiusos do Piñeiral do Crego de Chapela acolle este sábado ás 18:00h o festival da Asociación con visita de Papa Noel e Os Reis Magos. Haberá actuacións musicais e de baile a cargo dos grupos pertencentes á asociación. Ao finalizar os asistentes serán convidados á degustación de produtos típicos destas datas.
A parte folclórica correrá a cargo do grupo de Gaitas “Os xuveniles”, os grupos de pandeiretas “Semente Nova” e grupo de Baile galego “Fonte D,ouro”. A Banda de Música interpretará temas do seu último C.D estreado o pasado día 14 “18 Anos en clave Musical” e a zarzuela estará presente nas voces dos compoñentes de “EstudioLírico” grupo de recente incorporación a esta Asociación. O baile terá o seu momento coas actuacións dos grupos de baile infantil, bailes de Salón e latino.
Para os mais pequenos dúas grandes sorpresas coa Visita de Papa Noel co que poderán fotografarse e entregarlle ás súas cartas e a visita tamén adiantada dos Reis Magos que repartirán caramelos para todos eles. A finalización do acto Asociación Cultural convida a todos seus socios a degustación de produtos do Nadal.