Reclaman unha solución ante este problema que segundo aseguran veñen padecendo dende o mes de setembro. Denuncian que estes fumes procedentes da cheminea do Centro de deportes acuáticos está a producir problemas respiratorios e de malos cheiros que obrigan aos veciños a “ter as xanelas pechadas a cal e canto”.
O presidente da Asociación de afectados pola AP-9, Rafael Baltasar, ven de solicitarlle ao goberno local que na reunión que a Comisión de investigación da piscina de Chapela ten previsto celebrar na xornada de hoxe se inclúa este asunto. Pregúntase como pode ser que “unha infrraestrutura que se supón ecolóxica estea a contaminar aos veciños”.
Aseguran que os fumes, que afectan a varias vivendas nas inmediacións das instalacións do Centro de deportes acuáticos de Chapela, proceden da cheminea da caldeira de pellets da piscina e engaden que “nunha das vivendas colindantes hai unha menor asmática que está a sufrir graves problemas”