A última das actuación programadas polo Servizo de Normalización Lingüística será este sábado ás 20:00 horas co popular narrador, dramaturgo e contacontos Cándido Pazó. Con textos de autores de diversos países e épocas adaptados co fin de facer posible o seu achegamento ao noso contexto e idiosincrasia presenta o espectáculo “Historias e histerias”.
Un título que serve para clausurar a II edición do festival Lareta que organiza o Servizo de Normalización Lingüística e polo que pasaron os monologuistas Luís Zahera, Quico Cadaval, Sergio Pazos e Paula Carballeira. Éxito de público e participación nesta segunda edición tal e como nos explicaba dende o servizo Eva García Rei quen salienta o poder de atracción que este tipo de espectáculos baseados na palabra teñen entre o público. O prezo da entrada, como no resto das funcións, é de 4 euros para o público en xeral, dous euros é o que terán que pagar estudantes e xubilados.