Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Redondela, divididos sobre o proxecto do centro comercial en Canabal

RR_Noticias

A maioría defenden que se trataría dun servizo beneficioso para os veciños, xa contaría cunha oferta máis ampla de produtos “a mellore prezos” e evitarían desprazamentos a Vigo. Tamén entenden que crearía postos de traballo, aínda que recoñecen que sería “moi prexudicial” para o pequeno comercio da vila. Os que rexeitan a área comercial advirten que coa actual crise económica “non é bo momento” para poñela en marcha.

Os micrófonos de Radio Redondela saíron á rúa para coñecer de primeira man a opinión dos veciños e veciñas da vila sobre o polémico proxecto do centro comercial no entorno da rotonda de Vilavella. E se ben a maioría recibirían de bo agrado a súa construción, outros entenden que sería prexudicial para o pequeno comercio local, e mesmo advirten que non tería sentido poñelo en marcha no actual contexto de crise, cando as familias, en xeral, non teñen cartos para gastar. Entre os que defenden o centro comercial os argumentos coinciden: os consumidores terían máis e mellores ofertas para comprar “máis barato”, evitarían os desprazamentos ás áreas comerciais de Vigo e crearía postos de traballo en Redondela. Algúns como Fita non agochan que para ela sería “marabilloso”, xa que “aforraría cartos”. Outros, como Ana e Alberto, recoñecen que para o pequeno comercio local sería “moi prexudicial”, pero defenden que beneficiaría “á maioría dos veciños”, xa que poderían comprar a mellores prezos, e advirten que os establecementos de Redondela venden os seus produtos “moi caros”. Outros como Félix entenden que é “inevitable” a creación destas áreas, xa que é a tendencia en todas as cidades e vilas. Pero non todos están a favor deste centro comercial. Algúns, como Manolo, entenden que en Redondela existen “outras prioridades”, que coa actual contexto económico “non hai cartos” para facer un centro destas características e dubida de que sexa beneficioso para o emprego, xa que os postos que xeren na área comercial “destruiríanse nos pequenos establecementos”. Tamén hai dúbidas de que este proxecto sexa “necesario” para unha vila das dimensións de Redondela, e veciños como Maribel entenden que “lle queda demasiado grande”. Razoamentos a favor e en contra do centro comercial entre os veciños, igual que entre os grupos políticos da corporación e no propio seo da Asociación de Empresarios. O goberno local, do PP, seguirá negociando co resto dos grupos políticos de cara a lograr un “amplo consenso” que permita aprobar o proxecto urbanístico para facer o centro. No último pleno quedou no caixón, logo de que todos rexeitasen modificar as norma urbanísticas para facer posible esta instalación que incluiría, ademais do centro comercial, 17 vivendas, un hotel e unha estación de autobuses. Os populares defenden que sería “moi beneficioso para Redondela” polo importante número de postos de traballo que crearía. Os grupos da oposición rexéitano por considerar que suporía “a morte” do comercio local. A polémica chegou a Asociación de Empresarios, onde o presidente José Antonio Gómez dimitiu, xa que defende abertamente a creación do centro comercial, mentres os asociados a rexeitan por consideralo “negativo” para o comercio local.  

Ana veciña a favor do centro comercial
Defende que sería bo para os veciños que poderían mercar os produtos máis baratos sen ter que desprazarse.
Félix un futuro inevitable
Este redondelán entende que o centro comercial sería positivo para a vila e que é a tendencia que se repite en todas partes.
Manolo en contra do proxecto
Este veciño entende que Redondela ten outras prioridades e que non hai cartos para un centro comercial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará