Os máis pequenos da casa poderán achegarse o martes 24 a partir das 11:30 horas da mañá á carpa instalada pola Asociación de Empresarios na Casa da Torre para entregar alí as súas cartas. Os clientes do comercio local poderán deixar alí aos nenos ao coidado dos monitores
Tamén haberá unha carpa de atraccións na zona da Alameda para a cal os establecementos asociados repartirán vales descontos entre os seus clientes. A Carpa de Nadal estará en funcionamento ata o vindeiro catro de xaneiro.
Este ano a Alameda de Chapela acollerá unha segunda zona de atracción os días 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de Xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O obxectivo destas iniciativas é favorecer que o clientes do comercio local poidan facer as súas comprar propias das datas contando cun espazo no que deixar aos seus fillos ao coidado de monitores.