As fortes precipitacións das últimas horas así como os ventos que poderían superar os 120km/h levaron á asociación de empresarios a suspender todas as actividades de animación de rúa, tanto na carpa de Nadal como nas atraccións instaladas na Alameda, enmarcadas dentro do programa de animación de Nadal.
Quedan suspendidas debido a alerta meteorolóxica polo tanto a visita que Papá Noel tiña previsto realizar hoxe día 24 a partir das 11:30 horas da mañá á carpa instalada pola Asociación de Empresarios na Casa da Torre para que os rapaces lle entregaran alí as súas cartas. A Carpa de Nadal si estará en funcionamento novamente dende o próximo o xoves día 26 ata o vindeiro catro de xaneiro.