A policía nacional detivo na noite de Noiteboa a un individuo no interior dunha galerías comerciais en Chapela. O home de 61 anos de idade e con domicilio en Redondela foi detido cunha gran cantidade de ferramenta ademais dunha pistola falsa e o seu respectivo cargador.
Axentes da Policía Nacional detiveron a un varón de 61 anos de idade e con domicilio en Redondela como autor dun roubo con forza na pasada Noiteboa. A patrulla desprazouse ao lugar logo de ser alertada de que no interior das galerías escoitábanse ruídos. Unha vez alí os axentes observaron luz no interior polo que procederon a rodear o lugar para evitar a fuxida do delincuente logo de comprobar que ademais a pechadura da entrada que comunica coa rúa Manuel Rodríguez esta forzada.
Os axentes entraron e localizaron ao varón cando tentaba esconderse para eludir a acción policial polo que procederon a súa identificación localizándoselle ferramentas varias empregadas para a comisión de delitos.
Procedeuse a súa detención e traslado a dependencias policiais, onde se comprobou que ao detido lle constaban catro antecedentes policiais anteriores por feitos semellantes. O detido paso UA disposición do Xulgado de Instrucción Números dous de Redondela.