Os máis pequenos da casa teñen hoxe diferentes propostas cinematográficas que se van celebrar en Redondela, Chapela e Saxamonde. Os nenos terán que elixir entre O bosque animado, O soño dunha noite de verano e Rompe Ralf!, porque as tres películas vanse proxectar ás seis da tarde.
O Servizo de Normalización Lingüística remata as actividades do 2013 coa proxección de dúas películas esta tarde ás 18:00 horas. No Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela poderase ver a película de animación infantil O soño dunha noite de San Xoán, un filme realizado por Dygra Filme e baseado na obra homónima de William Shakespeare. A mesma hora no Multiusos da Xunqueira proxectarase o título O bosque animado de Angel de la Cruz, producción que recibira o Goya como mellor película de animación no 2001. Tamén o centro cultural Chan das Pipas apostan polo cine cunha proposta semellante, neste caso co título Rompe Ralf!