Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cemiterio de Mañó non incrementará os seus prezos

RR_Noticias

O goberno local quedouse só na súa proposta de incrementar o prezo das inhumacións e exhumacións no cemiterio de Mañó. Todos os grupos da oposición votaron en contra aínda que iso si, por motivos ben diferentes. Mentres BNG e PSOE entenden que nin é o momento nin é necesario encarecer este servizo municipal, dende AER rexeitaban apoiar a proposta por entender que o incremento debería ser maior.

Os populares defendían este incremento nas taxas do cemiterio porque, segundo explicou a concelleira Mª José Barciela, actualmente non se están a cubrir gastos nin en material nin en persoal. Como exemplo falaba do que se paga ao enterrador nun cemiterio parroquial fronte ao que se cobra por este servizo no de Mañó, 80 euros fronte a 12. Algo que ao seu entender supón unha discriminación dos veciños das parroquias fronte aos veciños do centro da vila. Un debate que a concelleira do BNG Cecilia Pérez Orge considerou ficticio, xa que “o cemiterio de Mañó é municipal podendo ser usado por calquera veciño independentemente do seu lugar de residencia”. Entenden ademais que por tratarse dun servizo municipal “é lóxico que sexa máis económico que un servizo privado como son os que funcionan nos cemiterios das parroquias”. Unha opinión que compartían tamén no PSOE. Ben diferente foi a lectura que deixou o edil de AER, Alfonso Blanco, quen tampouco apoio a proposta do PP aínda que neste caso porque consideran que o incremento proposto “é escaso”.  

Mª José Barciela PP
A edil popular explicaba os motivos de incrementar as taxas
Alfonso Blanco AER
A Agrupación de Electores entende que a suba debería ser maior
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas enteden que un incremento non é necesario e que non repercutiría nas arcas municipais
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas defenden que os prezos se manteñan

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará