O novo ano 2014 chegou da mesma maneira que se despedía o 2013, con fortes refachos de vento e intensas chuvias. Ante a previsión de que na noite de mañá venres entre outro temporal polo litoral galego, o Grumir de Redondela recomenda aos veciños que eviten os desprazamentos polas estradas, sempre que non sexan imprescindibles.
Estas festas de Nadal están a establecer marcas históricas no que ao mal tempo se refire. A pasada Noiteboa o temporal denominado “cicloxénese explosiva” deixou en Redondela árbores caídas, colectores desprazados e cortes de luz. Os efectivos do Grupo Municipal de Intervención Rápida realizou un total de 14 actuacións, aínda que afortunadamente só se produciron danos materias. Diego Lago, membro do Grumir, fai balance do pasado 2013, onde o máis salientable son os incendios, tanto forestais como urbanos, e os accidentes de tráfico. Houbo varios feridos nas estradas de Redondela, e unha vítima mortal.