Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e diversión no Multiusos da Xunqueira co espectáculo “O soño de Zalo” das Maimiñas

RR_Noticias

Nenos e adultos teñen unha cita este sábado no Multiusos da Xunqueira con As Maimiñas, unha agrupación musical que porá en escena un espectáculo cheo de maxia, música, baile, sorpresas e moita diversión. Unha cita para toda a familia ás 18.00 horas. As entradas custan 1 euro para os nenos e 2 euros para os adultos.

Mai e Miña (Lucia e Irene) dan vida Ás Maimiñas, un dúo capaz de facer cantar e bailar a toda a familia. No seu traballo “O soño de Zalo” contan moitas historias, que sempre acaban con música e diversión, e no que todo o público participa, porque son “unha parte fundamental do espectáculo”. A improvisación é outro dos seus sinais de identidade, porque “nunca hai dúas representacións iguais”. Nesta ocasión o cabalo Zalo ten un soño, porque non quere ser un cabalo, senón que quere ser…outra cousa!. Para descubrilo haberá que achegarse mañá sábado ao Multiusos da Xunqueira, onde interpretarán todos os seus temas, entre eles unha panxoliña moi moderna sobre un Neno Xesús moi especial: o neno Manoel.  

Mai e Miña
Lucía e Irene fálannos do seu espectáculo.
Música das Maimiñas
Unha panxoliña sobre un Neno Xesús especial: o neno Manoel.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará