Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG e a Asociación de Veciños demandan a apertura “xa” do Centro de Día de Cesantes

RR_Noticias

Representantes do Bloque redondelán, acompañados pola deputada nacionalista Carme Adán e directivos da Asociación de Veciños de Cesantes, visitaron esta mañá o edificio residencial. Reclaman ao goberno local “que se poña a traballar” para que o centro abra as súas portas. O Bloque apunta que o centro é “moi necesario” para a sociedade redondelá, e que ademais a súa posta en funcionamento suporá a creación de postos de traballo.

O edificio leva máis de dous anos rematado, pero os maiores de Redondela seguen á espera de poder contar cos seus servizos. A concelleira Cecilia Pérez entende que se trata “dun dos servizos máis demandados pola sociedade” e critica “a nula xestión” por parte do goberno de Javier Bas, “que non foi quen” de poñelo en funcionamento. A edil nacionalista teme que o Partido Popular queira utilizar esta infraestrutura como “arma electoral”, e anunciar a súa apertura antes dos próximos comicios municipais, en 2015. Pérez Orge advirte que de ser así “denunciarán” estes feitos, e lamenta que mentres pasa o tempo “o deterioro do edificio é cada vez máis patente”. A deputada Carme Adán participou no acto de protesta no que esixiron a “apertura xa” do centro residencial, e denunciou a política de recortes do goberno da Xunta, que está a adiar a súa posta en funcionamento. Neli Rielo, vicepresidenta da Asociación de Veciños de Cesantes, participou no acto reivindicativo, xunto con outros membros da directiva, para demandar que se poña en marcha este servizo, “moi necesario na parroquia”, xa que se trata dunha zona onde residen “moitas persoas maiores”. Agora o centro está pendente de que se dote de mobiliario e persoal para o seu funcionamento. O edificio ten capacidade para 51 usuarios, 21 en prazas de carácter residencial e 30 no centro de día.  

Cecilia Pére Orge BNG
Critica que o centro leve pechado dous anos despois
Deterioro
Entenden que o edificio está a deteriorarse pola falta de uso
Carme Adán depudada do BNG
A non apertura do centro responde ao seu entender as políticas de recorte da Xunta
Neli Rielo AVV Cesantes
Demanda a apertura do servizo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará