Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de cociña en Soutomaior

RR_Noticias

A Concellería de igualdade de Soutomaior pon en marcha tres cursos de cociña nos que se aprenderá aos participantes a elaborar entremeses, pratos principais e sobremesas. O curso desenvolverase na Escola obradoiro de Alxán e é preciso inscribirse no Multiusos de Arcade no Centro de Información á muller. O prezo por curso é de 18 euros para os veciños empadroados no municipio, 27 euros os non empadroados.

O primeiro dos cursos de pratos principais arranca o vindeiro sábado 11 de xaneiro e prolongarase durante os días 18 e 25. Tamén en xaneiro comeza o monográfico de entremeses e entrantes con tres sesións os días 21 e 28 deste mes e o 4 de febreiro.
A última das propostas chegará en marzo, un monográfico de repostería que se vai desenvolver os días 11, 18 e 25.
En todos os casos o horario será de tarde, de seis a nove e o lugar a Escola Obradoiro de Alxán. Os interesados poden realizar as súas inscricións no Centro Información a Muller no Multiusos Arcade. As prazas son limitadas
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará