Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar en Chapela pola decisión de Vigo de retirar as tarxetas do Vitrasa aos non empadroados

RR_Noticias

O alcalde vigués, Abel Caballero, anunciou que os descontos subvencionados polo Concello para o transporte público só estarán destinados ás persoas empadroadas en Vigo. Unha decisión que causa malestar entre os veciños de Chapela, xa que deixarán de beneficiarse do cartón verde, que rebaixa o prezo do billete do 1,32 euros ata os 0,86 euros. Os usuarios esixen que o Concello de Redondela chegue a un acordo co de Vigo para subvencionar aos veciños de Chapela.

Traballadores, estudantes e pensionistas de Chapela que diariamente utilizan o transporte urbano de Vigo aseguran estar “indignados” con esta medida, que lles suporá un “grave prexuízo económico”. Veciñas como Pilar e Mucha, que utilizan o cartón verde, mesmo anuncian que están dispostas a “participar nunha protesta”se a decisión do alcalde de Vigo se fai efectiva. Tamén Begoña, que traballa en Vigo, fai un chamamento á “mobilización” se finalmente se retiran as tarxetas para os veciños de Chapela. Para os usuarios habituais do transporte, a eliminación do cartón verde sería “un duro pau” para as súas economías, xa que o prezo do billete normal do Vitrasa, 1,32 euros, é “moi elevado”. Para os que teñan que facer ata catro desprazamentos ao día polo traballo suporía un desenvolso de 5,28 diarios, algo “inasumible” na actual situación de crise. Advirten que o servizo do Vitrasa é moi necesario para a parroquia, xa que son moitos os que por traballado, citas médicas ou estudos teñen que desprazarse á cidade veciña. O alcalde de Vigo dixo estar disposto a negociar cos Concellos limítrofes, como Redonela, para que se fagan cargo do custo do Vitrasa. A través de “convenios” mediante os cales cada municipio se faría cargo do custo da liña. Caballero insiste en que “non se van pagar con cartos de Vigo as viaxes dos usuarios que non estean empadroados, porque non é razoable”. Os usuarios de Redondela entenden esta postura, e defenden que sexa o Concello de Redondela o que asuma o custe do servizo, xa que é moi necesario para os veciños da parroquia. Aínda que son algo escépticos sobre a posibilidade de que Javier Bas chegue a un acordo con Caballero. Desde a Asociación de Veciños de Chapela xa lle remitiron un escrito ó rexedor local para pedirlle que negocie co Concello de Vigo unha solución en beneficio dos veciños da parroquia.  

Pilar e Mucha usuarias do Vitrasa
Estas veciñas de Chapela están moi molestas coa decisión de Vigo e están dispostas a mobilizarse.
Begoña fai un chamamento á mobilización
Esta usuaria do cartón verde advirte que se retiran os cartóns aos veciños de Chapela haberá que emprender mobilizacións.
Jose Antonio usuario do servizo
Este veciño de Chapela asegura que os alcaldes non chegarán a ningún acordo xa que pertencen a partidos políticos diferentes.
Ángeles Méndez presidenta da A.VV.
O colectivo veciñal xa solicitou un encontro co alcalde de Redondela para buscar unha solución ao problema dos residentes en Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará