Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O SAR Sophimagen xógase a fase de ascenso nos próximos partidos con Rasoeiro e Cinco Jotas

RR_Noticias

O equipo que dirixe Cobián ven de gañar ao Balonmán Tui por 29-15, o que mantén ás mozas da SAR na cuarta praza da Primeira Autonómica, empatadas coas de Lavadores. O resultados dos dous próximos partidos determinará as súas posibilidades de ascenso, motivo polo que o técnico pide ás súas xogadoras “un esforzo” para adestrar con regularidade nos próximos días.

O equipo feminino da SAR asinou unha espléndida primeira volta, e logo de superar o ecuador da liga son cuartas con 22 puntos, os mesmos que o Cinco Jotas Lavadores, que ocupa a 3ª praza. Está a dous puntos do Rasoeiro, o seu próximo rival, que é o 2º da táboa, e a catro do líder, o Balonmán Porriño. O calendario obriga ás mozas da SAR a enfrontarse a dous dos seus rivais directos de xeito consecutivo. As redondeláns queren loitar por unha das dúas prazas que permite xogar a fase de ascenso, e para iso teñen dúas semanas “cruciais”. Por iso Cobián pide un esforzo tanto ás xogadoras do primeiro equipo como as xuvenís, e que acudan con regularidade a adestrar nos vindeiros días. Os compromisos das súas pupilas por motivos laborais e de estudos están a supoñer un lastre para o equipo, que non pode completar o traballo semanal. Esa é a maior preocupación para o adestrador ante o partido desta fin de semana. Sabe que o Rasoeiro tamén ten un cadro de persoal “corto”, e confía en poder dar a sorpresa no Grove. Logo quedaría o partido en Redondela co outro rival directo, o Lavadores, ao que confían en superar na bomboneira.  

Cobián adestrador
Nos dous próximos partidos as mozas da SAR xóganse as opcións de ascenso.
Esforzo de todas
O técnico pídelle un esforzo ás xogadores para adestrar con regularidades nas vindeiras xornadas.
Rasoeiro-SAR Sophimagen
O próximo obxectivo é sacar un resultado positivo no Grove.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará