Tarde a de onte marcada polos accidentes de tráfico con tres sinistros en diferentes puntos do concello. Colisións que se producían en Chapela, O Viso e Redondela en menos de catro horas e que afortunadamente non deixan ningún ferido de carácter grave aínda que si varios lesionados leves e numerosos danos materiais.
Unha saída de vía na Subida á Buraca en Chapela saldábase con dous feridos. O accidente producíase ás 18:45 horas cando o condutor dun Seat León perdía o control do vehículo nunha curva e se precipitaba a un pequeno regato. Os seus dous ocupantes resultaron feridos leves.
Pouco despois, ao redor das 19:20 producíase outro aparatoso sinistro con tres coches implicados na N-550 á altura de Pereiro na parroquia de o Viso.
Finalmente ás 22:15 un vehículo Seat Córdoba colidía contra o peche do campo de fútbol anexo de Santa Mariña causando importantes danos nesas instalacións deportivas. O único ocupante do vehículo resultou ileso.