Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian o veto de Fomento á Asociación de Afectados pola AP-9

RR_Noticias

O colectivo veciñal asegura que o Ministerio se nega a recibilos malia ter solicitado unha reunión en xullo do ano pasado. Por este motivo solicitan unha comparecencia pública do alcalde Javier Bas e da Ministra Ana Pastor para explicar “esta discriminación a cidadanía de Redondela”.

A Asociación de afectados pola AP-9 explican que logo de interesarse no Concello pola reunión solicitada con Director xefe de estradas e Galicia e o subdelegado do goberno “que tiña comprometida o Alcalde dende o mes de Xullo de 2013” recibiron por resposta unha explicación da secretaria do alcalde na que se lles comunicou que “os organismos do Ministerio de Fomento en Galicia xa non os ían recibir mais e que todas as preguntas serán contestadas dende Madrid e só a través do alcalde”.
A Asociación cualifica de “burla a toda a veciñanza” esta resposta. Critican que “o alcalde se agoche detrás da súa secretaria para evitar dar explicacións” e solicitan a súa comparecencia pública do mesmo xeito que a da ministra Ana Pastor ante o que entenden é “unha discriminación cara os veciños de Redondela”.
85 decibelios
Por outra banda esta Asociación conmemora o seu quinto aniversario coa publicación dunha revista de carácter informativo que leva por título 85 decibelios e que será presentada hoxe ás 20:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela.
Nesta revista, que nace con vocación de continuidade, dan conta das últimas noticias que afectan a parroquia facendo ademais un repaso de parte do traballo desenvolvido pola asociación ao longo do pasado ano. Hai tamén oco para outros contidos, con seccións de crítica, cultura, música, natureza e cociña ademais de votar unha ollada ao pasado na sección “cando os avós eran nenos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará