En total son catro prazas de funcionario para cubrir as prazas vacantes de oficial da policía local, traballador social, ordenanza e unha segunda praza a media xornada de ordenanza reservada esta última a persoas discapacitadas. Convócanse tamén varias prazas de persoal laboral orientadas á contratación dun oficial electricista, tres conserxes dos pavillóns polideportivos, un a tempo completo e dous a tempo parcial, unha praza de operario de xardíns e unha última de limpador.
O prazo para presentar as instancias a estas prazas vacantes, correspondentes á oferta do ano 2010 xa se abriu e vai dende o 19 de xaneiro ao 7 de febreiro ambos os dous incluidos. As bases específicas desta convocatoria pódense consultar na páxina web do concello ou no seguinte enlace
http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=1646135&fileName=bop.PONTEVEDRA.20131024.205.pdf