Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños poden facer as súas achegas aos mapas coa toponimia de Negros e Saxamonde

RR_Noticias

Ata o vindeiro 31 de xaneiro o Servizo de Normalización Lingüística mantén a exposición pública de mapas coa toponimia destas dúas parroquias co obxectivo de facilitar á veciñanza que poida comprobar se os nomes recollidos son correctos e se están ben localizados. Deste xeito a veciñanza poderá corrixir ou completar a información recollida, para o que se disporá tamén dun formulario onde rexistrar os comentarios e emendas.

O traballo de recollida da toponimia redondelá iniciouse en 2012 e froito dos traballos de campo realizados en ambas as dúas parroquias. Realizouse a recollida da microtoponimia e a súa xeorreferenciación e con esa información traspasáronse agora os datos aos mapas que están a ser expostos nos centros culturais de Chan das Pipas (en Saxamonde), e no Centro cultural e veciñal de Negros. O rexistro desta información é fundamental para evitar que se perda ese rico patrimonio, que nos transmite información da historia, dos usos e costumes, e dos lugares máis significativos de cada territorio, dende os nomes dos camiños e corredoiras, pasando polas terras de cultivo, o monte, os ríos e regatos, até construcións singulares e comunitarias como cruceiros, fontes ou lavadoiros.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Fálanos da exposición dos mapas toponímicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará